Historia

A.C. "Rosalía de Castro"

    A Asociación Cultural "Rosalía de Castro" foi creada como consecuencia da transformación do Teleclub de Cacheiras. Os seus estatutos aprobáronse o 4 de xuño de 1980. Tivo como primeiro local social a Casa Social de Cacheiras, na que viña funcionando o Teleclub.

  O 19 de maio de 1985 inaugúrase o 1º local social, acondicionado polo Concello; a casa fora fundada en 1777 polo crego Xosé Valdés Avello. Tamén foi no ano 1985 cando se inaugurou a piscina desta asociación. Xa no 1990, coincidindo co 10º aniversario da sociedade inaugúrase un local propio, ó carón do campo de fútbol.

   Na actualidade, a Asociación Cultural conta cuns 300 socios familiares, a maioría deles de Cacheiras, aínda que nos últimos anos incorporáronse socios doutras parroquias limítrofes, ademáis de novos veciños da parroquia.

   Ó longo destes anos viñéronse organizando multitude de actos: conferencias, mostras artísticas, exposicións (como a que se pode ver na imaxe, con obras de artistas de todo o Concello de Teo, no ano 1986), cursos de formación ocupacional, etc. Ademais disto, tamén se editou nalgún período un boletín de noticias; en 1984 comezou a funcionar unha pequena biblioteca; formouse un coro que actuou durante un par de anos; realizáronse múltiples e variadas actividades (cursos de inglés, taller de barro, cursos de solfexo, bailes de salón, cursos de teatro, taller de cerámica, taller de pintura, encaixe de bolillos, ...); e un longo etcétera.

   Un lugar destacado nos acontecementos celebrados ocúpano: