Instalacións

   Actualmente, a Asociación Cultural Rosalía de Castro conta con dous locais: o local principal, desde 1990, situado no complexo cultural-deportivo de A Cañoteira; e o local ubicado na planta superior da escola de párvulos da Igrexa - Cacheiras, ó que denominamos vulgarmente como "local da Igrexa".

   O "local da Igrexa" foi o que veu a suceder como local social á Casa Social de Cacheiras, que nun primeiro momento fixera tales funcións. Na actualidade, neste local lévanse a cabo as actividades de cociña, manualidades e bordado. Tamén se dispón dunha mesa de tenis de mesa para a práctica deste deporte.

   O local principal é o que aglutina a maior parte da actividade da Asociación. É o actual enderezo social e nel atópase a oficina na que se celebran as reunións da Xunta Directiva e se custodia a documentación da Asociación. Tamén se conta con diversas aulas para os ensaios dos grupos folklóricos. Pero a maioría da superficie do local está invertida nun fabuloso salón de actos, cun escenario de 12x9 m e un aforo de 240 persoas sentadas; a ausencia dun recinto de tales características no entorno fai que este salón sexa moi solicitado por parte de diversas institucións (Concello de Teo, Instituto de Secundaria de Cacheiras, Escola de Música de Os Tilos, APA's varias...) para a celebración de múltiples actos que requiren un local de semellante envergadura.

Piscina da A.C. "Rosalía de Castro"; en segundo plano, os vestiarios.

   Unhas dependencias importantes tamén as constitúen a piscina e as súas instalacións anexas. A piscina está configurada por  un vaso de 25 m de longo por 12,5 m de ancho, e cunha profundidade variable que vai desde os 1,10 m ata os 2,20 m. Compleméntana unha serie de duchas, vestiarios e aseos, e máis un pequeno local onde se cobra a entrada e se venden lamboiradas. A piscina acostuma abrirse unicamente  polo verán, nos meses de xullo e agosto.